Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 1 de xuño de 2022 Páx. 32162

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 19 de maio de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico-PIA) do proxecto do parque eólico Monteagudo (modificación substancial), nos concellos de Arteixo, A Laracha e Carballo (A Coruña) (expediente IN661A 2003/03).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotora: Eólicos Breogán, S.L.U. (CIF: B36922524).

Domicilio social: av. Europa, nº 10, parque empresarial La Moraleja, 28108, Alcobendas (Madrid).

Enderezo para efectos de notificacións: rúa Varsovia, 4C, 5º andar, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación do proxecto: parque eólico Monteagudo (nº expediente: IN661A 03/03).

Concellos afectados: Arteixo, A Laracha e Carballo (A Coruña).

Potencia que se que se instalará: 20,88 MW.

Nº de aeroxeradores que se van instalar: 5 unidades (1×4,50 + 1×4,38 + 3×4,00) MW.

Produción media neta estimada: 79,73 GWh/ano.

Horas netas anuais equivalentes á potencia nominal: 3.818 horas.

Orzamento de execución material: 17.706.186,49 €.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Localización (área de afección):

Parque eólico Monteagudo

A.D.E.

Alto do Lendo

Parque eólico Monteagudo

Vértice poligonal

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

V1

530.907,80

4.795.118,51

A Laracha

V2

533.561,92

4.795.118,51

Arteixo

V3

532.549,53

4.791.938,12

A Laracha

V4

531.674,24

4.791.938,12

A Laracha

V5

531.234,25

4.792.841,20

Carballo

V6

531.873,46

4.793.041,43

Carballo

V7

531.619,72

4.793.457,04

Carballo

V8

530.934,00

4.793.457,04

Carballo

V9

530.412,60

4.794.527,63

Carballo

Parque eólico Monteagudo

Aeroxerador

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

A1.1

530.815

4.794.686

Carballo

A1.2

531.069

4.794.585

Carballo

A2.1

531.243

4.794.071

Carballo

A2.2

531.638

4.794.466

A Laracha

A3.1

531.802

4.793.709

Carballo

Parque eólico Monteagudo

Subestación vértices

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

V1

531.052,945

4.794.274,809

Carballo

V2

531.084,049

4.794.288,539

Carballo

V3

531.100,203

4.794.251,946

Carballo

V4

531.069,099

4.794.238,216

Carballo

Características técnicas da instalación:

• Cinco (5) aeroxeradores tripá, modelo Nordex N149 IECS, de 4.500 kW de potencia nominal unitaria, aínda que se regularán a 4.500 kW, 4.380 kW e tres deles a 4.000 kW. De velocidade variable, diámetro do rotor de 149,1 m e altura ata a buxa de 125 m.

• Cinco (5) centros de transformación trifásicos de relación de transformación 0,66/30 kV, montados no interior da torre de cada aeroxerador.

• Unha (1) subestación eléctrica transformadora (SET) 66/30 kV, denominada subestación Monteagudo, cun transformador de potencia de tipo intemperie, trifásico, potencia aparente nominal 45 MVA e relación de transformación 66/30 kV. Esta SET disporá dos seguintes elementos:

– Un (1) módulo de liña 66 kV.

– Un (1) módulo de transformación 66/30 kV.

– Un (1) transformador de potencia 45 MVA 66/30 kV.

– Dúas (2) celas de transformador 30 kV.

– Cinco (5) celas de liña 30 kV.

– Un (1) transformador de servizos auxiliares.

– Unha (1) cela de servizos auxiliares 30 kV.

– Dúas (2) celas de baterías de condensadores.

• Esta SET servirá como centro de transformación para os parques eólicos Monteagudo e Pedra Queimada (este último é obxecto doutro proxecto independente, con nº expediente IN408A 2020/70 e actualmente en tramitación). Nela elevarase a tensión da corrente producida polos parques eólicos de 30 kV a 66 kV para poder transportala ata a subestación Morás.

• Contará cun edificio de control de 600 m² de superficie total aproximada, con salas independentes para distintos usos, e que se situará fronte á subestación.

• Os aeroxeradores agrúpanse en dous (2) circuítos soterrados, cada un á tensión de 30 kV. Estes circuítos chegan á subestación Monteagudo. O condutor utilizado será do tipo RHZ1 18/30 kV, de aluminio e sección 240 mm².

• Disporase dun único sistema de terras enlazando, mediante cable soterrado de cobre de 50 mm², os circuítos de posta á terra dos aeroxeradores.

• Pola mesma gabia que as liñas de media tensión instalarase unha rede de comunicacións que utilizará como soporte un cable de fibra óptica e que se empregará para o control centralizado do parque.

• A subestación Monteagudo conectarase a unha nova liña de alta tensión de 66 kV proxectada en tramos soterrados e aéreos, dende a subestación Monteagudo ata subestación de Morás. O proxecto desta liña non entra dentro do alcance deste proxecto.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico-PIA) das instalacións.

Documentación que se expón:

1. Proxecto técnico (outubro 2021-visado 4.5.2022).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.

2. Estudo de impacto ambiental (EIA) (outubro 2021-asinado 18.10.2021).

3. Proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico-PIA) (outubro 2021-visado 18.10.2021).

De conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o proxecto faise público para o coñecemento xeral e para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 17), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como nas casas do Concello de Arteixo, A Laracha e Carballo (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A Coruña, 19 de maio de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña