Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 2 de xuño de 2022 Páx. 32483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 25 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica un acto administrativo ditado no procedemento BS210A (expediente VI-90343).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación do acto administrativo de requirimento ditado no procedemento que figura no anexo, tramitado por esta xefatura territorial, no último domicilio coñecido da persoa interesada sen que se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, emprázase a persoa citada no dito anexo ou a persoa que a represente debidamente acreditada para proceder á notificación do referido acto. No prazo de dez días (10), contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer nas dependencias do órgano de valoración de Pontevedra, sito na avenida de Vigo, número 16, baixo, Pontevedra, en horario de mañá, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro do dito acto administrativo e advertíndolle que, de non facelo así, teráselle por efectuada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada a súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, practicada a notificación por comparecencia ou tras o vencemento do prazo indicado para comparecer, de non atender o requirimento, e de conformidade co establecido no artigo 27.3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito a prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, unha vez transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e acordarase o arquivamento das actuacións, logo da resolución que lle será notificada.

Vigo, 25 de abril de 2022

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento BS210A

Nº de expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

VI-90343

00444024D

Requirimento para continuar a tramitación

15.3.2022