Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 2 de xuño de 2022 Páx. 32438

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2022 pola que se nomean funcionarios de carreira da escala técnica de grao medio polo sistema de promoción interna.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, por promoción interna, na escala técnica de grao medio, subescalas do subgrupo A2 da Universidade da Coruña, convocadas mediante a Resolución do 27 de agosto de 2019 (DOG do 9 de setembro).

Verificada a concorrencia nos aspirantes aprobados dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.

De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, e nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro.

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2020,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear funcionarios de carreira da escala técnica de grao medio, subescalas do subgrupo A2, da Universidade da Coruña, os aspirantes aprobados polo sistema de promoción interna que se relacionan no anexo.

Segundo. Para adquiriren a condición de funcionario de carreira, as persoas que se relacionan deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición, ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 20 de maio de 2022

Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

Subgrupo A2-Escala técnica de grao medio, subescala actividades culturais.

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Puntuación total

1

***6232**

Cordal Fustes, Jorge

38,50

2

***2262**

Castro de Paz, David

34,50

Subgrupo A2-Escala técnica de grao medio, subescala calidade.

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Puntuación total

1

***0642**

Fraga Mosquera, María Amelia

53,05

Subgrupo A2-Escala técnica de grao medio, subescala cooperación e voluntariado.

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Puntuación total

1

***6502**

Rilo Pérez, Lorena

44,25

Subgrupo A2-Escala técnica de grao medio, subescala secretario/a técnico/a (Unidade de Coordinación de Laboratorios).

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Puntuación total

1

Padín Viaño, María Blanca

51,10

Subgrupo A2-Escala técnica de grao medio, subescala deseño gráfico (Unidade de Comunicacións e Medios Audiovisuais).

Declarada deserta.

Subgrupo A2-Escala técnica de grao medio, subescala equipamentos e almacéns.

Declarada deserta.

Subgrupo A2-Escala técnica de grao medio, subescala secretario técnico (centros tecnolóxicos).

Declarada deserta.

Subgrupo A2-Escala técnica de grao medio, subescala grao medio (actividades institucionais).

Declarada deserta.