Mediante Acordo da Asemblea da Mancomunidade, do 25 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondente ás prazas que a seguir se recollen:
Prazas conforme o previsto no artigo 2 da Lei 20/2021:
Persoal laboral:
Grupo de clasificación |
Categoría laboral |
Vacantes |
Denominación |
Sistema de acceso |
E |
V |
12 |
Auxiliar de axuda no fogar |
Concurso-oposición |
E |
IV |
2 |
Bombeiros |
Concurso-oposición |
E |
IV |
3 |
Chofer recollida de residuos/rozadora |
Concurso-oposición |
E |
V |
1 |
Mecánico |
Concurso-oposición |
Prazas conforme o previsto na disposición adicional sexta da Lei 20/2021:
Persoal laboral:
Grupo de clasificación |
Categoría |
Vacantes |
Denominación |
Sistema de acceso |
E |
V |
18 |
Auxiliar de axuda no fogar |
Concurso |
E |
IV |
8 |
Bombeiros |
Concurso |
E |
IV |
9 |
Chofer recollida de residuos/rozadora |
Concurso |
E |
IV |
1 |
Operario de planta de residuos |
Concurso |
E |
V |
2 |
Peón recollida de residuos/rozadora |
Concurso |
A2 |
II |
6 |
Traballadores sociais |
Concurso |
A2 |
II |
2 |
Educadores sociais |
Concurso |
A2 |
II |
1 |
Psicopedagoga |
Concurso |
A2 |
II |
1 |
Técnico en dietética e nutrición |
Concurso |
A2 |
II |
1 |
Instrutor deportivo |
Concurso |
A2 |
II |
1 |
Técnico de inserción laboral |
Concurso |
A2 |
II |
1 |
Axente de emprego e desenvolvemento local |
Concurso |
A2 |
II |
1 |
Relacións laborais |
Concurso |
A2 |
II |
1 |
Técnico da Administración |
Concurso |
C2 |
IV |
3 |
Auxiliar administrativo |
Concurso |
En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal da Mancomunidade Terra de Celanova, no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante o presidente, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.
Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se poida considerar máis conveniente ao seu dereito.
Celanova, 26 de maio de 2022
Jaime Sousa Seara
Presidente da Mancomunidade Terras de Celanova