Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 2 de xuño de 2022 Páx. 32400

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2022 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este organismo no primeiro cuadrimestre do ano 2022.

En virtude do establecido no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro).

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Escola Galega de Administración Pública referida aos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2022

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2022

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Escola Galega de Administración Pública, para a realización de actividades de formación en lingua galega

2.2.2022

472.481,12 €

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

9.2.2022

59.943,7 €

Protocolo de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

14.2.2022

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), para a convocatoria e o desenvolvemento de actividades de formación e divulgación en materia de administración electrónica e de seguridade e protección de datos no ano 2022

14.2.2022

54.518,40 €

Protocolo de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

15.2.2022

Sen achega económica

Protocolo de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC), para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

16.2.2022

Sen achega económica

Protocolo de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Colexio de Psicoloxía de Galicia (COPG), para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

17.2.2022

Sen achega económica

Protocolo de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Consellería de Emprego e Igualdade, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

18.2.2022

Sen achega económica

Protocolo de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Asociación de Funcionarios do Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia (Agrupa), para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

9.3.2022

Sen achega económica

Protocolo de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Asociación de Migrantes de Galicia-AMIGA, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

13.3.2022

Sen achega económica

Acordo de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade, a Consellería de Facenda e Administración Pública e a Escola Galega de Administración Pública, para desenvolver medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de xénero

1.4.2022

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Consellería de Emprego e Igualdade para a organización do Plan de Formación do Servizo Público de Emprego de Galicia do ano 2022 no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-Financiado pola Unión Europea-NextGenerationUE

27.4.2022

Sen achega económica