Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 2 de xuño de 2022 Páx. 32395

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

EXTRACTO da Resolución do 18 de maio de 2022 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección do 20 de abril de 2022 polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, para a concesión de axudas orientadas á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo para o período de programación 2023-2027, cofinanciadas polo fondo Feader, e para a aprobación de estratexias de desenvolvemento local, así como a correspondente convocatoria, para as anualidades 2022 e 2023 (código de procedemento MR701F).

BDNS (Identif.): 630511.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.minhap.gob.es/bsnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Entidades con forma xurídica de asociación sen ánimo de lucro que aspiren a obter a condición de entidades colaboradas na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases reguladoras e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para a selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, para a concesión de axudas orientadas á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo para o período de programación 2023-2027, cofinanciadas polo fondo Feader, e para a aprobación de estratexias de desenvolvemento local, para as anualidades 2022 e 2023.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 18 de maio de 2022 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección do 20 de abril de 2022 polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, para a concesión de axudas orientadas á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo para o período de programación 2023-2027, cofinanciadas polo fondo Feader, e para a aprobación de estratexias de desenvolvemento local, así como a correspondente convocatoria, para as anualidades 2022 e 2023 (código de procedemento MR701F).

Cuarto. Contía

A contía da convocatoria é de 630.000,00 € para a anualidade 2022 e de 210.000,00 € para a anualidade 2023. Este crédito está cofinanciado nun 75 % polo Feader.

Quinto. Prazo de presentación das solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Sexto. Outros datos

As bases reguladoras establecen as normas para a selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras da medida Leader de Galicia para o novo período de programación da Política Agrícola Común (2023-2027), que levará asociada a concesión de axudas para o apoio aos gastos de adquisición de capacidades e accións preparatorias para o deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo para o dito período.

A selección e a concesión da axuda ten como obxectivo que a organización desenvolva todas as actuacións preparatorias necesarias que permitan a elaboración dunha proposta de estratexia de desenvolvemento local para o seu territorio.

Ademais, a indicada selección e desenvolvemento das actuacións obxecto da axuda posibilitarán que a organización poida optar ao seu recoñecemento como entidade colaboradora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural na xestión da medida Leader Galicia 2023-2027, unha vez entre en vigor o Plan estratéxico da PAC 2023-2027, sempre que cumpra as condicións establecidas nas bases reguladoras, así como as que se poidan fixar posteriormente e sexan derivadas do dito plan estratéxico.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2022

Inés Santé Riveira
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural