Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 3 de xuño de 2022 Páx. 32821

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 19 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente PES-OU-38/2021-V e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto adoptouse por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sita na avenida de La Habana, nº 79, 5º andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 19 de maio de 2022

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto de notificación

Acto adoptado

PES-OU-38/2021-V

08622251

CNI Portugal

Resolución de procedemento sancionador

Pola xefa territorial

ANI-OU-33/2022-V

34923583S

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola xefa territorial

ANI-OU-34/2022-V

36129034J

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola xefa territorial

CAZ-OU-06/2022-V

34621620L

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Pola instrutora

ANP-OU-04/2022-V

34247781E

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Pola instrutora