Miriam Rodríguez Vázquez interpuxo recurso contencioso-administrativo que se tramita como procedemento ordinario, coa referencia 91/2022, na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O dito recurso contencioso-administrativo ten por obxecto a Resolución do 29 de decembro de 2021 do director xeral de Centros e Recursos Humanos que desestimou o recurso de alzada interposto por Miriam Rodríguez Vázquez contra a lista, publicada polo tribunal núm. 31, de opositores que non superaron a fase de concurso-oposición para o ingreso na especialidade de educación infantil do corpo de mestres no proceso selectivo convocado pola Orde do 24 de febreiro de 2020 (DOG do 13 de marzo).
De conformidade co disposto no artigo 47.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e de conformidade co requirido polo tribunal mediante oficio do 22.4.2022, a través do presente anuncio notifícase a interposición do antedito recurso contencioso-administrativo, para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas, que se emprazan para que poidan comparecer como demandados, se o consideran oportuno, na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (sito na praza de Galicia, da cidade da Coruña) no prazo de 9 días, coa finalidade de constituírse como parte interesada no proceso xudicial indicado. Ese prazo de 9 días comeza a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 19 de maio de 2022
Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos