Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 6 de xuño de 2022 Páx. 33150

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 20 de maio de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Intentada a notificación do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas ás persoas interesadas que se especifican no anexo, e ao non ser posible efectualas, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial, sita na rúa Durán Loriga, nº 3, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntaren os documentos que lles son requiridos no mencionado prazo, se considerará que desisten da súa petición.

A Coruña, 20 de maio de 2022

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Núm. de solicitude

DNI/NIE/PAS

Data do requirimento

58159

AV8973563

11.4.2022

58260

GD382550
(representante legal GD382566)

19.4.2022

58427

A02829279

11.4.2022

58605

PJ6256347

11.4.2022

58703

162045327

11.4.2022

58838

AW894445

13.4.2022

58937

15595783

13.4.2022

59312

AX095396

26.4.2022

59598

AX095398

26.4.2022

60307

J904629

28.4.2022