Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: rúa A Batundeira, 2, Velle, Ourense.
Denominación: regulamentación SEQ805, apoio nº 81-21-14 (Quiroga).
Situación: concello de Quiroga.
Características técnicas principais:
• Liña de media tensión aérea 20 kV SEQ805 (expediente 252/2016) con orixe no apoio existente 81-21-11 da LMTA SEQ805 e final no apoio 81-21-11, cunha lonxitude de 607 metros en condutor LA-56. Substitúense os apoios nº 8, 21, 12, nº 8, 21, 13, nº 8, 21, 14, e nº 8, 21, 15 por catro apoios de celosía tipo C-16/1.000 e instálanse tamén dous apoios novos nº 8, 21, 13/1 e 8, 21, 14/1 por dous apoios de celosía novos tipo C-16-1.000.
Finalidade da instalación: regulamentación de instalacións.
Orzamento: 15.270,95 €.
Documentación que se acompaña:
– Separata para o Concello de Quiroga.
– Separata para Medio Rural.
Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra debe realizala o técnico competente.
Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.
Lugo, 12 de maio de 2022
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo