Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 6 de xuño de 2022 Páx. 33019

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 18 de maio de 2022 pola que se establecen as bases de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o programa Cultura no Camiño, cara ao fomento das artes escénicas e musicais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia polos que discorren os diferentes camiños de Santiago, con motivo do Xacobeo 21-22, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT302B).

BDNS (Identif.): 630934.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3 b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pódese consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, polos que discorren os diferentes camiños de Santiago, recoñecidos pola Lei 5/2016, do 4 de maio, de patrimonio cultural, e delimitados polo correspondente decreto, así como aqueles nos que se ditou acordo de inicio para súa tramitación.

Segundo. Finalidade

Establecer as bases reguladoras das subvencións destinadas a cofinanciar programacións culturais realizadas por entidades locais polas que discorren os diferentes camiños de Santiago co motivo do Xacobeo 21-22, para contribuír á promoción das artes escénicas e musicais, e proceder á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT302B).

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 18 de maio de 2022 pola que se establecen as bases de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o programa Cultura no Camiño, cara ao fomento das artes escénicas e musicais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia polos que discorren os diferentes camiños de Santiago, con motivo do Xacobeo 21-22, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT302B).

Cuarto. Importe

A financiación destas axudas nesta convocatoria realizarase en todo caso en función das dispoñibilidades orzamentarias, destinándose un crédito global de 230.000,00 euros da aplicación orzamentaria 10.A1.432B.760.0 do código de proxecto 2015-00003.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2022

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais