Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 7 de xuño de 2022 Páx. 33403

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 25 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a autorización ambiental integrada para a planta de construción e mantemento naval en Ferrol (expediente 2021-IPPC-I-69).

Para os efectos previstos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

Proxecto básico para a solicitude da autorización ambiental integrada das instalacións de Navantia Ría de Ferrol situadas en Ferrol (A Coruña) Navantia, S.A., S.M.E. (Grupo SEPI).

Para que calquera interesado poida consultalos e, se é o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, o documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2021-IPPC-M-69.

Peticionaria: Navantia, S.A., S.M.E. (Grupo SEPI).

CIF: A84076397.

Razón social: rúa Velázquez, nº 132, 28006 Madrid.

Localización da instalación: rúa Taxonera, s/n, 15403 Ferrol (instalacións Ría de Ferrol).

Actividade: estaleiro de construción e mantemento naval.

Epígrafe de actividade (autorización ambiental integrada): anexo I, 5.6 e 10.1.

Descrición: este proxecto preséntase para a tramitación da autorización ambiental integrada e para as instalacións que Navantia posúe na Ría de Ferrol.

A súa actividade é o deseño, fabricación, construción, transformación, reparación e mantemento de buques, embarcacións e equipamentos industriais, así como a fabricación, montaxe e reparación de turbinas e aeroxeradores, incluída a instalación en campo. É axente Marpol.

Para isto dispón de dúas áreas de produción diferenciadas, estaleiro e reparacións, así coma servizos de apoio compartidos.

Verteduras: nas instalacións xéranse os seguintes efluentes:

• Augas industriais procedentes dos diques (restos de granalla e pintura en po) que se aspiran e envían a xestor autorizado.

• Augas sanitarias conectadas á rede municipal de saneamento.

• Augas oleosas e de sentina retiradas dos buques en reparación, son almacenadas no depósito de Marpol ou en GRG ata á súa retirada por xestor autorizado.

• Augas pluviais recollidas en tres tanques de tormenta desde onde se bombean á rede municipal. Hai unha saída de pluviais ao mar que recolle as augas de choiva procedentes do tellado da nave do taller de chapas (peirao 14).