Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 7 de xuño de 2022 Páx. 33447

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cee

ANUNCIO da convocatoria para a provisión dunha praza vacante de policía local por mobilidade.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 103, do 1 de xuño de 2022, sae publicado o anuncio das bases que rexerán a convocatoria para a provisión dunha praza vacante de Policía local no Concello de Cee por mobilidade, conforme o artigo 43 da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais.

O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Cee, 1 de xuño de 2022

Margarita Lamela Louzán
Alcaldesa