Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 7 de xuño de 2022 Páx. 33456

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de nomeamento de persoal funcionario.

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión con data do 26.5.2022, acordou o nomeamento como funcionarios de carreira para ocupar cinco prazas de Policía Local (escala Administración especial, subescala servizos especiais, clase Policía Local, grupo C, subgrupo C1 de titulación), incluída nas OEP dos anos 2017, 2018 e 2019 pola quenda libre, de:

• R. Justel Iglesias, DNI ***3749**.

• F. Hernández Marín, DNI ***3040**.

• J. Acevedo Posse, DNI ***7655**.

• I. Pérez Nogueira, DNI ***8767**.

• A. Santomé Santos, DNI ***1397**.

Os interesados deberán tomar posesión no prazo de 1 mes a partir da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia. No caso de non facelo, procederase a declaralos en situación cesante e, consecuentemente, decaídos no seu dereito.

Aos ditos nomeamentos dáselles publicidade consonte o establecido nas bases do proceso selectivo e na lexislación de función pública vixente.

Vigo, 31 de maio de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto Alcaldía do 16.4.2021;
Acordo Xunta de Goberno Local do 22.4.2021)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira delegada da Área de Contratación,
Patrimonio e Xestión Municipal