Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 7 de xuño de 2022 Páx. 33392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 20 de maio de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia (expediente IN661A 02/2009).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberase efectuar no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2022

Pablo Casal Espido
Secretario xeral técnico da Vicepresidencia Primeira e Consellería
de Economía, Industria e Innovación

ANEXO

Expediente/recurso

NIF

Acto obxecto de notificación

IN661A 02/2009

RAI-DXEM-37.7/22

32758855R

Acordo de denegación da solicitude de suspensión

IN661A 02/2009

RAI-DXEM-37.8/22

32758855R

Acordo de denegación da solicitude de suspensión