Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 8 de xuño de 2022 Páx. 33507

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2022

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades

ANEXO

Denominación do convenio

Importe

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América en materia de cultura.

140.000,00 €

3.1.2022

Convenio de colaboración entre o Parlamento de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade para a organización do programa Coñece as túas Institucións apoiado en visitas guiadas ás sedes da Xunta de Galicia e do Parlamento de Galicia por alumnado de centros escolares galegos de titularidade pública.

40.000,00 €

14.1.2022

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Real Padroado de Sargadelos como contribución para o funcionamento e mantemento da Casa de Administración e realización do proxecto expositivo permanente do Museo Histórico de Sargadelos.

35.000,00 €

18.1.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia para a realización de actividades de difusión e formación do programa Navega con rumbo.

Sen achega económica

18.1.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación para el Fomento del Conocimiento de la Construcción Naval y de las Actividades Marítimas-Exponav, para contribuír ao mantemento do Museo da Construción Naval no ano 2022.

75.000,00 €

20.1.2022

Convenio de colaboración entre o Parlamento de Galicia, a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a ampliación de contidos e a optimización e mellora da tecnoloxía do portal xurídico lex.gal a través da aplicación de intelixencia artificial, 2022, 2023, 2024, 2025.

276.874,00 €

20.1.2022

Addenda do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello de Parada de Sil para a integración na Rede de bibliotecas de Galicia da Axencia de Lectura Municipal de Parada de Sil pola que se modifican as cláusulas 5ª, 6ª, 7ª e 9ª, se incorporan referencias á notificación electrónica no clausulado e se prorroga por un período de catro anos.

Sen achega económica

25.1.2022

Acordo de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade para a promoción e difusión do idioma e a cultura chineses.

Sen achega económica

2.2.2022

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Coca-Cola European Partners, S.L.U. (CCEP Iberia) para colaborar na convocatoria do 13º Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto.

Sen achega económica

2.2.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Escola Galega de Administración Pública para a realización de actividades de formación en lingua galega.

669.790,72 €

2.2.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo (actualmente, Consellería de Cultura, Educación e Universidade) e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado da USC en arquivos e museos da Consellería de Cultura e Turismo.

Sen achega económica

4.2.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Asociación de Apoyo a Personas con Diversidad Intelectual (Aceesca).

Sen achega económica

4.2.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a UDC para a divulgación da cultura chinesa.

Sen achega económica

7.2.2022

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial e a Xunta de Galicia en materia de formación en patrimonio cultural.

15.000,00 €

15.2.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Asociación DOA Saúde Mental.

Sen achega económica

18.2.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia.

Sen achega económica

22.2.2022

Convenio entre a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a determinación do financiamento desta entidade no marco do Plan galego de financiamento universitario 2022-2026.

167.959.884,79 €

24.2.2022

Convenio entre a Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña para a determinación do financiamento desta entidade no marco do Plan galego de financiamento universitario 2022-2026.

109.713.466,56 €

24.2.2022

Convenio entre a Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para a determinación do financiamento desta entidade no marco do Plan galego de financiamento universitario 2022-2026.

122.817.953,87 €

24.2.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas para difusión, estudo e preservación da obra de Antonio Fraguas Fraguas.

12.000,00 €

2.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Asociación Foro Enrique Peinador para actuación de normalización e dinamización lingüística.

15.000,00 €

2.3.2022

Convenio plurianual de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade da Coruña para a realización dun programa de accións en materia de investigación a través do Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades.

14.400,00 €

2.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e La Région Académique Bretagne para a posta en marcha dun protocolo de actuacións en materia educativa para o fomento das linguas e culturas respectivas.

Sen achega económica

3.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e La Région Académique Hauts-de-France para a posta en marcha dun protocolo de actuacións en materia educativa para o fomento das linguas e culturas respectivas.

Sen achega económica

3.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística para actuacións en materia de normalización lingüística de Galicia.

15.000,00 €

7.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Diocese de Santiago de Compostela para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao convenio.

Sen achega económica

7.3.2022

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2022 entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a entidade Faro de Vigo, S.A.U.

69.048,00 €

7.3.2022

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2022 entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a entidade Editorial La Capital (Diario de Arousa).

6.000,00 €

7.3.2022

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2022 entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a entidade Editorial La Capital (Diario de Ferrol).

6.000,00 €

7.3.2022

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2022 entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a entidade Editorial La Capital (El Ideal Gallego).

6.000,00 €

7.3.2022

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2022 entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a entidade La Opinión A Coruña, S.L.U.

9.086,00 €

7.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Asociación Liga Reumatolóxica Galega Loita contra o Reumatismo (Lirega).

Sen achega económica

7.3.2022

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2022 entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a entidade La Región, S.A.

22.065,00 €

8.3.2022

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2022 entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a entidade La Voz de Galicia, S.A.

149.000,00 €

8.3.2022

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2022 entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a entidade Rías Baixas Comunicación, S.A.

6.000,00 €

8.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade da Coruña UDC para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

23.500,00 €

8.3.2022

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación Integra para a Discapacidade Intelectual.

Sen achega económica

8.3.2022

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2022 entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a entidade Lérez Ediciones, S.L.U.

10.124,00 €

10.3.2022

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2022 entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a entidade El Progreso de Lugo, S.L.

25.179,00 €

10.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade a asociación cultural Colectivo Xelmírez para actuacións en materia de normalización lingüística.

7.500,00 €

14.3.2022

Convenio plurianual de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade de Santiago para a realización dun programa de accións en materia de investigación a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

646.640,00 €

14.3.2022

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra (Aepect), para a organización e desenvolvemento da olimpíada de xeoloxía e para o seu recoñecemento como actividade de innovación educativa.

Sen achega económica

15.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Real Academia Galega polo que se instrumentan as subvencións nominativas para accións culturais e de investigación lingüística e para investimentos, e se regula o seu réxime de libramentos con cargo aos orzamentos de 2022.

559.128,00 €

22.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Confederación Intersindical Galega para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

1.000,00 €

22.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e ANPE Sindicato Independiente para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

1.000,00 €

22.3.2022

Resolución da Consellería de Cultura, Educación e Universidade pola que se lle conceden á Fundación Galicia América dúas subvencións nominativas para financiar actividades de formación no Colexio Santiago Apóstolo de Bos Aires con cargo aos orzamentos do 2022.

45.000,00 €

22.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Asociación Amigos do Museo Casa do Patrón para a realización de actuacións de normalización lingüística e de fomento da cultura galega.

6.000,00 €

22.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación Manuel María de estudos galegos para desenvolver un programa de actuacións para difundir, estudar e preservar a obra de Manuel María.

5.000,00 €

22.3.2022

Convenio plurianual de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade de Vigo para a realización dun programa de accións en materia de investigación a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

28.320,00 €

22.3.2022

Convenio para o funcionamento e a reserva de prazas para alumnado no centro neuropsicopedagóxico O Pelouro, durante o curso 2022/23.

394.946,52 €

23.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Unión Xeral de Traballadores para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

1.000,00 €

25.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Federación Española de Religiosos de Enseñanza-Centros Católicos (Ferega-Ceca) para realizar actuacións en materia de normalización lingüística.

10.000,00 €

25.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF Galicia) para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

1.000,00 €

25.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Colexio de Avogados de Santiago de Compostela para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

19.000,00 €

25.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega para actuacións en materia de normalización lingüística.

8.000,00 €

25.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación Rosalía de Castro para difundir, estudar e preservar a obra de Rosalía de Castro.

25.000,00 €

25.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Asociación Capaces Lugo (Capaces).

Sen achega

económica

25.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Diocese de Ourense para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao convenio.

Sen achega

económica

28.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a delegación territorial da ONCE en Galicia para actuacións en materia de normalización lingüística.

2.000,00 €

29.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o sindicato nacional Comisións Obreiras de Galicia para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

1.000,00 €

29.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello de Ares, para ampliación do CPI As Mirandas.

Sen achega

económica

29.3.2022

Addenda do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello de Beariz para a integración na Rede de bibliotecas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal de Beariz pola que se modifican as cláusulas 5ª, 6ª, 7ª e 9ª, se incorporan referencias á notificación electrónica e á protección de datos persoais no clausulado e se prorroga por un período de catro anos.

Sen achega

económica

29.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación Vicente Risco para difusión, estudo e preservación da obra de Vicente e Antón Risco.

10.000,00 €

29.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación Otero Pedrayo para o estudo e preservación da obra de Otero Pedrayo.

8.000,00 €

31.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia para a organización e desenvolvemento da Olimpíada de Bioloxía e para o seu recoñecemento como actividade de innovación educativa.

Sen achega

económica

31.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Corporación Voz de Galicia, S.L.U. para a difusión informativa da capitalidade de Santiago de Compostela nos medios de comunicación no ano 2022.

125.000,00 €

4.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Federación galega de teatro afeccionado para a realización dun circuíto teatral a nivel autonómico e festival Agustín Magán.

40.000,00 €

5.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Fundación Vicente Risco para a realización de actividades culturais.

10.000,00 €

5.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Faro de Vigo, S.A.U., para potenciar o uso do idioma galego.

52.039,15 €

5.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e El Progreso de Lugo, S.L., para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal El Progreso de Lugo que edita esta entidade.

32.169,66 €

5.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e La Región, S.A., para potenciar o uso do idioma galego.

19.869,19 €

5.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Corporación Voz de Galicia, S.A.U., para potenciar o uso do idioma galego.

149.967,37 €

5.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e La Capital, S.L., para potenciar o uso do idioma galego.

4.730,83 €

5.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e La Opinión de A Coruña, para potenciar o uso do idioma galego.

6.150,08 €

5.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Rías Baixas Comuniacación, S.A., para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal Atlántico Diario.

1.892,33 €

5.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Asociación de Gaiteiros Galegos para a realización da IX Xornadas sobre o baile tradicional e X Xornadas arredor da música tradicional.

6.000,00 €

6.4.2022

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Fundación Eugenio Granell para a realización de actividades culturais.

12.000,00 €

6.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Consello da Cultura Galega en materia de normalización lingüística.

24.000,00 €

6.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Lérez Ediciones, S.L., para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal Diario de Pontevedra que edita esta entidade.

8.988,58 €

6.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade de Vigo (Uvigo) para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

26.000,00 €

7.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Fundación de Banda de Gaitas de Pontevedra para a divulgación da música galega a través da realización de cursos de formación.

15.000,00 €

7.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Fundación Galicia Obra Social para a realización da XX edición do Premio de Poesía Afundación.

6.500,00 €

7.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación Castelao para difusión, estudo e preservación da obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

5.600,00 €

7.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Colexio Oficial de Químicos de Galicia para a organización e desenvolvemento da Olimpíada de Química e para o seu recoñecemento como actividade de innovación educativa.

Sen achega

económica

7.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística para colaborar no desenvolvemento de actuacións de normalización lingüística.

4.000,00 €

7.4.2022

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Fundación Otero Pedrayo para o mantemento das dependencias da Casa Grande de Cima de Vila e actividade cultural Festa Literaria do Premio Trasalba.

15.000,00 €

11.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Federación Coral Galega (Fecoga) para a realización de concertos e cursos.

15.000,00 €

11.4.2022

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Fundación Laxeiro para a realización de actividades culturais.

15.000,00 €

11.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación Paco Lareo. A Solaina de Piloño para a realización de actuacións de normalización lingüística e de fomento da cultura galega.

5.000,00 €

11.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia (España) e o Concello de Cervo para a realización de obras na antiga escola de San Román de Vilaestrofe.

40.000,00 €

11.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello de Caldas de Reis para ampliación do IES Aquis Celenis.

Sen achega

económica

12.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Padroado do Museo do Pobo Galego para o financiamento durante o ano 2022 de parte dos seus gastos correntes, das actividades culturais e outros gastos de capital.

431.800,00 €

13.4.2022

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e Contemporánea –Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia– para a produción, comunicación e difusión da programación das galerías asociadas e da propia asociación.

40.000,00 €

18.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación Marco para a realización de actividades culturais, didácticas e de difusión durante o ano 2022.

100.000,00 €

19.4.2022

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Asociación Cultural-Musical de Antiguos Tunos Compostelanos e Amigos do Museo Casa de la Troya para a colaboración nos gastos da xestión das visitas do Museo da Casa da Troia para o ano 2022.

10.000,00 €

19.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Asociación de Trastorno Específico da Linguaxe de Galicia (Atelga).

Sen achega

económica

19.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o concello de Redondela para a construción dunha pista de atletismo nas instalacións do Instituto de Educación Secundaria (IES) Illa de San Simón, en Redondela.

Sen achega

económica

19.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello de Valga para actuacións de mellora en dous edificios municipais: o Museo da Historia de Valga e a Biblioteca e Almacén.

80.000,00 €

19.4.2022

Acordo de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Renfe Viajeros Sociedad Mercantil Estatal, S.A.

Sen achega

económica

22.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade de Santiago de Compostela para promover e potenciar o galego a través da Revista Dorna.

2.000,00 €

22.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Deputación Provincial da Coruña para a realización do premio Otero Pedrayo.

8.000,00 €

22.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade de Santiago de Compostela en materia de normalización lingüística.

72.000,00 €

22.4.2022

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para a realización de actividades de promoción do libro e a lectura no ano 2022.

15.000,00 €

26.4.2022

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e a Asociación Galega de Editoras para asistencia e participación nas feiras internacionais do libro, realización de actividades de promoción e consolidación do sector do libro e mantemento da asociación no ano 2022.

15.000,00 €

26.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Comunidade Cisterciense do Divino Salvador de Ferreira de Pantón (Lugo) para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das obras de restauración das cubertas do mosteiro de Ferreira de Pantón: claustro, casa das donas e outras puntuais.

Sen achega

económica

26.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario para difundir a figura de Laxeiro no ano Laxeiro 2022.

24.000,00 €

26.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) para a realización de actividades culturais e a colaboración coa Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI).

13.000,00 €

28.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Grupo Compostela de Universidades, para a organización do XXVI premio internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia, relacionado con actividades de investigación, estudo e divulgación do patrimonio cultural e universitario.

12.610,00 €

28.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Fundación Carlos Casares para a realización de actividades culturais.

12.000,00 €

28.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario para o financiamento de gastos correntes e de capital destinados á realización de diversas actividades de investigación e divulgativas do noso patrimonio cultural.

50.000,00 €

29.4.2022

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación Isla Couto para difundir e preservar a vida e obra de Ramiro Isla Couto.

6.500,00 €

29.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para desenvolver o proxecto Nós: o galego na sociedade e economía da intelixencia artificial.

840.000,00 €

29.4.2022