Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 8 de xuño de 2022 Páx. 33630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 19 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican varios actos administrativos en materia de enerxía ditados en procedementos da competencia desta xefatura.

Despois de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázase para realizar a notificación dos actos administrativos ás persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou ás persoas representantes debidamente acreditadas.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer

Pontevedra, 19 de maio de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Persoa interesada

Acto notificado

Brígida Barreiros Costas, Armando Fernández Costas

Información pública da petición de declaración de utilidade pública da parte aérea da instalación eléctrica Recuamento LMT VAA-705 derivada CT SMA encoro nos concellos de Vigo e Gondomar (expediente IN407A 2019/014-4).

Gonzalo Iriarte e Jesús Iriarte

Resolución do 1 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2020/214-4 modificado).

Angelina Lorenzo Carrera

Información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación LMTA ATI724-733 ao CR Sanguiñeda (expediente IN407A 2021/064-4). no concello de Mos.

Alberto Castro Pazos, Elva Míguez Peón, hros. de Carmen Elvira Acuña Peón, hros. de Elisa Rodríguez Peón, hros. de Julio María Peón Cortés, hros. de María Efígenia Crespo Bravo, hros. de Margarita Prieto Rodríguez, hros. de María Palmeiro Filgueira, hros. de Modesto Corral Boullosa, Javier Antonio Palmero González, José Casal Salgueiro, José Reinaldo Acuña Crespo, María del Carmen Pérez Rodríguez e María Luisa Rodríguez Boullosa

Resolución do 23 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilaboa (expediente IN407A 2021/018-4).

María Isabel Senra Suárez

Resolución do 23 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dunha instalación eléctrica no concello de Vilaboa (expediente IN407A 2021/036-4).

Bibiana Regueira Fernández

Información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación LMTS e CT derivación ao CT Larache (expediente IN407A 2021/295-4).