Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 9 de xuño de 2022 Páx. 33967

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 5 de maio de 2022, da Zona Sur, polo que se somete á información pública a solicitude presentada por OCP Sales Agents, S.L. de concesión administrativa da ocupación do dominio público portuario de Vilanova de Arousa, soterrado e somerxido, e das tubaxes para o desenvolvemento da actividade de captación de auga de mar e vertedura (expediente 13-05-22-C1).

OCP Sales Agents, S.L. solicita a concesión administrativa para a ocupación do dominio público portuario de Vilanova de Arousa con tubaxes para o desenvolvemento da actividade de captación de auga de mar e vertedura.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 5 de maio de 2022

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur