Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 9 de xuño de 2022 Páx. 33954

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2022, do Servizo Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación e formalización de actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto do Plan de seguridade viaria de Galicia: MSV no contorno TCA na estrada PO-504, puntos quilométricos 1+300 a 3+000, de clave PO/18/115.06, no concello de Sanxenxo.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e na execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 10 de febreiro de 2022, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto do Plan de seguridade viaria de Galicia: MSV no contorno TCA na estrada PO-504, puntos quilométricos 1+300 a 3+000, de clave PO/18/115.06, no concello de Sanxenxo, polo Decreto 19/2022, publicado no Diario Oficial de Galicia do 22 de febreiro de 2022. El 24 de xaneiro de 2022 a Dirección Xeral da Axencia Galega de Infraestruturas aproba o proxecto do Plan de seguridade viaria de Galicia: MSV no contorno TCA na estrada PO-504, puntos quilométricos 1+300 a 3+000, de clave PO/18/115.06, no concello de Sanxenxo.

A tramitación do expediente expropiatorio debe axustarse ao disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do seu regulamento de 26 de abril de 1957.

En consecuencia, este servizo, en virtude da competencia delegada mediante Orde de 7 de setembro de 2017, sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería, publicada no DOG núm. 179, do 20 de setembro de 2017, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Sanxenxo, para que comparezan no lugar, data e horas que se detallan a continuación, co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, en que se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal de Sanxenxo.

Lugar: salón de plenos do Concello.

Data: 21 de xullo de 2022, de 10.00 a 12.45 horas.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos no Concello de Sanxenxo, e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 1º, 36003 Pontevedra), e publicarase na seguinte ligazón da páxina web da consellería:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/avisos?content=/Portal-Conselleria6/Avisos/resolucions/aviso_0298.html

Así mesmo, realizarase a convocatoria aos interesados ao levantamento das actas previas mediante notificación individual.

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade (e, de ser o caso, outra documentación que se requira, xustificante do pagamento do IBI...), así como certificado de conta con códigos IBAN e BIC, co fin de realizar os sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria, podendo facerse acompañar pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, en cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, este servizo, unha vez levantadas as actas previas á ocupación e habilitado o crédito oportuno, realizará o pagamento, mediante transferencia bancaria, do importe dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación. No suposto de non ter presentado o certificado de titularidade da conta bancaria, con códigos IBAN e BIC, e a copia do DNI, consignarase o importe na Caixa Xeral de Depósitos, conforme o disposto no artigo 51 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957.

En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, neste mesmo acto, convócase ao acto de formalización das actas de ocupación, o cal terá lugar, logo de producirse o aboamento dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación, no lugar e data que se indican:

Termo municipal de Sanxenxo.

Lugar: salón de plenos do Concello.

Data: 22 de setembro de 2022, de 10.00 a 12.45 horas.

No mesmo acto ofertaránselles aos propietarios as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios en concepto de mutuo acordo.

O presente acordo faise público, para xeral coñecemento, advertindo os titulares de que na acta figurarán os donos da cousa ou titulares do dereito expropiado, non admitíndose representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial, xudicial ou do consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso, debendo achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros, e que deberá identificarse co documento nacional de identidade.

Co fin de que os actos de formalización de actas derivadas dos procedementos expropiatorios se realicen de acordo coas medidas preventivas do risco de contaxio ante a situación provocada polo coronavirus COVID-19, a Axencia Galega de Infraestruturas aprobou o protocolo de actuación que deberán respectar todos os asistentes aos actos. Para tales efectos, é necesario poñer en coñecemento dos interesados as seguintes indicacións:

Os interesados poderán confirmar a data e a hora fixadas para a realiación do acto ou, no caso de concorreren motivos de inconveniencia por razóns de saúde e/ou de adopción de medidas que afecten favorablemente a prevención de contaxios, poderán propoñer outro horario diferente para este, logo de cita confirmada polo persoal de contacto.

No momento de atención, tanto o persoal da Administración e da asistencia técnica como o expropiado usarán mascara de protección ou os sistemas de protección individual que nese momento sexan obrigatorios, respectando en todo momento a distancia de seguridade fixada. Para tales efectos, establécese a obriga de asistir ao acto provisto dos sistemas de protección individual (EPI) que en cada momento determine a autoridade competente. No obstante, a Administración facilitará EPI no caso de que os expropiados non dispoñan deles.

En caso de detectárense posibles síntomas compatibles coa COVID-19 nalgunha persoa presente, seguiranse obrigatoriamente as indicacións realizadas polas autoridades sanitarias para o efecto.

Deberán asistir unicamente as persoas estritamente necesarias para realizar o trámite.

Establécese a obriga de permanecer no local de reunión o tempo estritamente necesario.

Non se poderá acudir no caso de presentar febre (>37º) ou síntomas de problemas respiratorios.

Pontevedra, 23 de maio de 2022

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra