Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 9 de xuño de 2022 Páx. 33951

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 4 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se somete a información pública un proxecto para a modificación dun establecemento de acuicultura (granxa mariña) no polígono industrial de Cuíña, San Cibrao e Cervo (Lugo).

En cumprimento do artigo 10 do Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre (DOG núm. 110, do 9 de xuño), sométese a información pública o proxecto para a modificación do establecemento que se describe:

Solicitante: Acuidoro, S.L.U. (B15139785).

Tipo: granxa mariña.

Proxecto: nova condución de desaugadoiro e xeración de enerxía renovable nas instalacións de acuicultura en Cervo, Lugo.

Localización: polígono industrial de Cuíña, San Cibrao, Cervo (Lugo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta dirección xeral, situada na praza de Europa, 5 A, 4º (polígono das Fontiñas), 15781 Santiago de Compostela, no prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2022

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica