Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 9 de xuño de 2022 Páx. 33789

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regula o bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) para o curso 2022/23.

Para o obxecto de regular a continuidade, implantación e organización do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a convocatoria dirixida aos centros que desexen impartilo, resolvo anunciar:

Primeiro.

Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (http://www.edu.xunta.gal/portal/) estará dispoñible a convocatoria pola que se regula o bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), para o curso 2022/23.

Segundo.

Que o prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.

Que os centros deberán cubrir a solicitude que figura no anexo I da convocatoria e dirixila á Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2022

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional