A Xunta de Goberno local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 25 de maio de 2022, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións na parcela de equipamento IA-8 para a implantación da plataforma loxística de Mallou, formulado de oficio polo Concello de Santiago.
Segundo. Someter o Plan especial a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia. Simultaneamente, practicarase notificación persoal aos propietarios das parcelas afectadas, segundo figuren no Catastro.
Durante o trámite de información pública solicitaranse os informes sectoriais preceptivos (Patrimonio Cultural e Telecomunicacións), así como os das empresas subministradoras de servizos.
O que se publica co fin de que, durante o prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida a exposición pública estará ao dispor dos interesados no Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística do Concello de Santiago (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e na páxina web do Concello https://transparencia.santiagodecompostela.gal/Plataforma-loxistica-de-Mallou/gl
As alegacións poderán presentarse na sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela na epígrafe Catálogo de trámites a través do trámite «Presentación de documentación e alegacións» e da opción «Achega libre». Deberase introducir o dato 2021/57687S no campo «Código do expediente» e incorporar o documento das alegacións.
Tamén se poderán presentar as alegacións por calquera dos outros medios relacionados no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2022
O alcalde
P.D. (Dec/4742/2019, do 17 de xuño de 2019)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica