Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 9 de xuño de 2022 Páx. 33912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 25 de maio de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, da convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2020/113-1.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada modificación 1 e adecuación da LMT MEA816 e do CT Feás, no concello de Cariño (expediente IN407A 2020/113-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do referido concello, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberá comparecer a persoa propietaria ou titular dos dereitos sobre os bens afectados ou representados por persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 25 de maio de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/113-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: modificación 1 e adecuación da LMT MEA816 e do CT Feás.

Concello: Cariño.

Predio

Lugar

Titularidade proposta

Data

Hora

1

Esteiro de Arriba

Cesáreo Alvelo Rico

1.7.2022

11.00