Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 10 de xuño de 2022 Páx. 34160

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 18 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o inicio do prazo de vinte días para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de reforma LMT TRO718 CT proxectado en Fonte das Mozas.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase do inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma LMT TRO718 CT proxectado Fonte das Mozas, no concello de Vigo, do predio que se detalla no cadro, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

O interesado poderá presentar, no prazo de 20 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que se concrete o valor da indemnización que considere que lle corresponde pola imposición das servidumes de paso do predio que figura na relación.

Vigo, 18 de maio de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/36-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reforma LMT TRO718 CT proxectado Fonte das Mozas.

Concello: Vigo.

Predio

Referencia catastral

Titular

1

54057A022005810000AF

Descoñecido