Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 13 de xuño de 2022 Páx. 34293

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2022, conxunta do Instituto Galego de Promoción Económica e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se modifica a distribución dos servizos ofertados na Resolución conxunta do 2 de decembro de 2021 pola que se dá publicidade do acordo que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG401A).

No Diario Oficial de Galicia núm. 243, do 21 de decembro de 2021, publicouse a Resolución conxunta do 2 de decembro de 2021 pola que se dá publicidade ao Acordo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG401A).

No punto quinto da resolución fíxase unha distribución de servizos ofertados en cada convocatoria, co fin de definir os termos da concorrencia competitiva establecida para cada unha das convocatorias do programa. Neste mesmo punto quinto establécese que os servizos que resulten excedentes dunha convocatoria, ou aqueles provenientes da prórroga de contratos ou nova contratación de servizos por parte do Igape, poderán ser reasignados a convocatorias posteriores, mediante modificación publicada no Diario Oficial de Galicia.

As resolucións das convocatorias 2022.1 (DOG do 29 de abril de 2022) e 2022.2 (DOG do 11 de maio de 2022) deixaron un excedente de 171 servizos, polo que procede a súa reasignación á convocatoria 2022.3 co fin de poder executar o programa na súa totalidade.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que temos conferidas,

RESOLVEMOS:

Artigo 1

Modificar a distribución de servizos para a convocatoria 2022.3, prevista no punto quinto da Resolución conxunta do 2 de decembro de 2021 pola que se dá publicidade ao Acordo que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG401A), que quedaría configurada do seguinte xeito:

Tipo de servizo

Convocatoria 2022.3

Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora (A Coruña)

28

Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora (Pontevedra)

33

Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora (Lugo e Ourense)

13

Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial

38

Desenvolvemento de plans de acción e plan transversal

19

Análise do cumprimento normativo e os riscos legais

5

Mellora da xestión financeira e procura de financiamento

9

Optimización da produción e cadea loxística

20

Asesoramento para o relanzamento comercial

13

Preparación de procesos certificables

14

Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores

25

Protección da innovación

20

Asesoramento para o financiamento da innovación

16

Servizos para a definición dunha estratexia dixital da empresa

21

Definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade para a peme

41

Apoio na adopción de solucións de xestión empresarial en mobilidade

13

Deseño dunha estratexia de márketing de contidos para a peme

10

Artigo 2

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2022

Fernando Guldrís Iglesias

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

Mar Pereira Álvarez

Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia