Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Poder adxudicador:
1.1) Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
1.2) Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5) Código NUTS: ES111.
1.6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7) Fax: 981 95 74 03.
1.8) Teléfono: 981 95 74 01.
1.9) Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:
2.1) Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2) Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Códigos CPV: 71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).
4. Código NUTS da localización principal do servizo: ES111 Curtis (A Coruña).
5. Descrición do obxecto da licitación: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación da nova captación de auga para abastecemento e ampliación da estación de tratamento de auga potable de Curtis-Teixeiro, Curtis (A Coruña), OH.215.1198. Clave do expediente: OH.715.1221.
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.
7. Orzamento base de licitación. Importe neto: 37.187,50 euros. Importe total: 44.996,88 euros.
8. Valor estimado do contrato: 37.187,50 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.
9. Prazo de execución do contrato: 10 meses.
10. Criterios de adxudicación:
10.1) Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e, en aplicación destes, seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2) Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 49 %), metodoloxía para a execución dos traballos (ponderación 24 %), análise do documento técnico da obra (ponderación 12 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %) e mellora técnica vinculada á execución do servizo (ponderación 5 %).
11. Data da adxudicación do contrato: 10 de febreiro de 2022.
12. Número de ofertas recibidas:
12.1) Ofertas totais: 12.
12.2) Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 8.
12.3) Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4) Ofertas por vía electrónica: si.
13. Data de formalización ou realización do contrato: 28 de febreiro de 2022.
14. Empresa contratista:
14.1) Nome da empresa ou no seu caso UTE: Técnica y Proyectos, S.A.
14.2) NIF: A28171288.
14.3) Enderezo: Anxo Senra Fernández, 25, 1º, local 3, 15670 Culleredo (A Coruña).
14.4) Código NUTS: ES111.
14.5) Teléfono: 981 16 03 42.
14.6) Correo electrónico: plfuentes@typsa.es
14.7) Pequena ou mediana empresa: non.
15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 27.779,06 euros. Importe total: 33.612,66 euros.
16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
A actuación financiarase ao 100 % do gasto elixible, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.
A actuación enmárcase dentro do programa operativo no eixe prioritario 20, Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; prioridade de investimento 13.i, Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; obxectivo específico 20.1.4, Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía verde; actuación 20.1.4.5, Mellora da eficiencia dos sistemas de saneamento, depuración e abastecemento de auga (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO).
A axuda á recuperación para a cohesión e os territorios de Europa (REACT-UE) é unha iniciativa que prosegue e amplía as medidas de resposta á crise e de reparación da crise proposta na Iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus (IIRC) e na Iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus plus (IIRC+).
O REACT-UE inclúe fondos adicionais que se porán á disposición do Feder, entre outros fondos europeos, operando así como fondos estruturais, e procederán do fondo de recuperación NextGenerationEU, instrumento financeiro excepcional de recuperación temporal.
Os recursos REACT-UE prestarán asistencia para favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e para preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.
17. Servizo do cal se poida obter información sobre o contrato formalizado:
17.1) Nome: contratación de Augas de Galicia.
17.2) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
17.3) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
17.4) Código postal: 15781.
17.5) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6) Fax: 981 95 74 03.
17.7) Teléfono: 981 95 74 01.
18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións:
Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 2 de xuño de 2021.
Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 10 de febreiro de 2022.
Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 28 de febreiro de 2022.
Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 7 de marzo de 2022.
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2022
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia