Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 15 de xuño de 2022 Páx. 34572

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 23 de maio de 2022, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha modificación substancial por incremento de superficie ocupada, código MS1:O0-10-S1.0-V0.0, para a construción de nova liña soterrada na concesión administrativa de regularización de liñas eléctricas existentes de media e baixa tensión soterradas e centro de transformación, outorgada a Electra del Gayoso, S.L., no dominio público portuario de Camelle (expediente 12-29-18-C-1).

Estase a tramitar unha modificación substancial por incremento de superficie da concesión administrativa para a regularización de liñas eléctricas existentes de media e baixa tensión soterradas e centro de transformación no dominio público portuario de Camelle, de acordo cos proxectos básicos LMTS CTC Camelle praia a CTC Rociñas e RBTS, Camelle (concello de Camariñas, A Coruña), asinado o 1 de decembro de 2020 e a modificación substancial regularización de liñas eléctricas MT e BT, porto de Camelle, asinado o 9 de marzo de 2022, ambos os dous asinados polo enxeñeiro industrial Javier Bouza Cabarcos, colexiado número 867.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas podan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 23 de maio de 2022

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro