Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 17 de xuño de 2022 Páx. 34781

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

DECRETO 107/2022, do 16 de xuño, polo que se concede a Medalla Castelao.

En atención aos méritos que neles concorren, por proposta do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de xuño de dous mil vinte e dous, concédeselle a Medalla Castelao a:

– Camilo Nogueira Román

– Javier Olleros Rodríguez

– Coral polifónica El Eco

– Pescados Rubén Burela, FSF

– Javier Sánchez de Dios

Santiago de Compostela, dezaseis de xuño de dous mil vinte e dous

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente segundo e conselleiro de
Presidencia, Xustiza e Deportes