Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2022 Páx. 35242

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 1 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, correspondentes ás liñas de actuación 1 e 2.i de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2022-2023 (código de procedemento PR603B).

BDNS (Identif.): 633269.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarias

As persoas físicas ou xurídicas que teñan a condición de operador debidamente habilitado, conforme o establecido nos artigos 6 e 7 da Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións.

Segundo. Finalidade

Concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, correspondentes ás liñas de actuación 1 e 2.i de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos (Programa UNICO-Industria e empresas) previstas no Real decreto 988/2021, do 16 de novembro (BOE núm. 275, do 17 de novembro).

As subvencións reguladas nas presentes bases enmárcanse no investimento C15.I2 do Compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 1 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, correspondentes ás liñas de actuación 1 e 2.i de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea NextGenerationEU, e procédese á súa convocatoria para o período 2022-2023 (código de procedemento PR603B).

Cuarto. Importe

Para o financiamento desta convocatoria está prevista unha dotación orzamentaria máxima de 4.309.750,00 € que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 04.A1.571A.770.0, dos orzamentos da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia coa seguinte distribución:

Liñas de actuación

Aplicación

Código proxecto

2022

2023

Liña de actuación 1 (redes de alimentación)

04.A1.571A.770.0

2022 00003

50.000,00 €

2.104.875,00 €

Liña de actuación 2 (redes de distribución)

04.A1.571A.770.0

2022 00003

50.000,00 €

2.104.875,00 €

Este crédito financiarase con fondos europeos procedentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

A intensidade máxima destas subvencións será do oitenta por cento (80 %) do custo elixible do proxecto.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes é dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. O prazo rematará o mesmo día en que se producise a publicación no mes de vencemento. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente a aquel en que se inicie o cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ata ao primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2022

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia