Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 21 de xuño de 2022 Páx. 35691

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2022/50-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Friotea, S.L.

Domicilio social: rúa Progreso, 41, 1º, 36201 Vigo.

Denominación: LMTS, CS polígono As Gándaras, 33.

Situación: O Porriño.

Características técnicas:

Centro de seccionamento (CS) con celas prefabricadas baixo envolvente metálica, con illamento e corte en SF6.

– LMT subterránea a 15 kV, con condutor RHZ1, de 14 metros de lonxitude, con orixe e final na LMTS TUI807, entre o CT 36CB20 e o apoio Z3X98VJ2//1, facendo entrada e saída no CS proxectado.

– LMT subterránea a 15 kV, con condutor RHZ1, de 294 metros de lonxitude, con orixe no CT Sertuy 36CEK0 e final no apoio C-16/4500-435-CA proxectado.

A instalación está situada no polígono industrial As Gándaras, O Porriño.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que xulguen pertinente.

Pontevedra, 24 de maio de 200

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra