Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 22 de xuño de 2022 Páx. 35914

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2022 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Paz IV.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Paz IV e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedente de feito:

Mediante escrito do 30 de maio de 2022, Manuel Ramón Paz Ríos solicitou autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Paz IV.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Paz Ríos Grupo, S.L. (B10610889), da concesión administrativa e do establecemento que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Paz IV.

Situación:

Cuadrícula nº: 28.

Polígono: B.

Distrito: Ribeira (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 17.4.1973.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Manuel Ramón Paz Ríos (***5431**).

Nova titular: Paz Ríos Grupo, S.L. (B10610889).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sin ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e nas obrigas do anterior desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 1 de xuño de 2022

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña