Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 22 de xuño de 2022 Páx. 35937

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cartelle

ANUNCIO da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Mediante Resolución da Alcaldía, do 20 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondente ás prazas que a seguir se apuntan:

Prazas conforme o previsto no artigo 2 da Lei 20/2021.

Persoal laboral:

Grupo de clasificación

Vacantes

Denominación

Sistema de acceso

II

1

Axente de emprego e desenvolvemento local

Concurso (D.A. 6ª da Lei 20/2021)

IV

3

Auxiliar

Concurso (D.A. 6ª da Lei 20/2021)

V

1

Chofer de rozadoira

Concurso (D.A. 6ª da Lei 20/2021)

V

2

Peón/oa

Concurso (D.A. 6ª da Lei 20/2021)

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Cartelle, no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente ou recurso potestativo de reposición ante o alcalde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación ou da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso potestativo de reposición, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que o primeiro se resolva expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.

Cartelle, 20 de maio de 2022

Jaime Sousa Seara
Alcalde