Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 22 de xuño de 2022 Páx. 35902

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Barco de Valdeorras (expediente IN407A 2022/14-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe, tal e como se recollen no proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro técnico industrial Sergio Rodríguez Rodríguez, colexiado núm. 482 do COITIOU, o día 4.11.2021, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na data sinalada.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A63222533.

Domicilio: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: regulamentación BDV705 no tramo Rubiana, Cobas 5 (expediente 2016/177).

Situación: Concello do Barco de Valdeorras.

Orzamento: 28.842,83 €.

Características técnicas:

– Substitución na LMTA BDV705, a 15 kV, de 2 apoios HV, con matrículas CMONFLDL//D16-B-4 (B-4) e CMMRTO1U4//D16-B-5, por apoios de celosía metálicos, con retensado do condutor en tramo afectado, a reforma ten o seu inicio no apoio proxectado B-4 e final no apoio tamén proxectado CMMRTO1U4//D16-B-5.

– LMT de 8 m de lonxitude en condutor tipo LA-56, con inicio no mesmo apoio B-4 e final no CTI proxectado, que regulamenta o actual El Castro (32AD15), con instalación de novo transformador sobre apoio metálico C-2000-12 proxectado, que se vai situar na parcela con coordenadas UTM ETRS 89 (fuso 29) X: 665.398 e Y: 4.699.082, e referencia catastral 32010A02209008. Illante en aceite mineral.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II do título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que xulguen pertinente.

Ourense, 31 de maio de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense