Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 23 de xuño de 2022 Páx. 36192

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran con carácter definitivo as persoas aspirantes admitidas e excluídas e as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro), convocado pola Resolución do 24 de novembro de 2021.

Mediante a Resolución desta dirección xeral do 24 de novembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 235, do 9 de decembro), convocouse concurso-oposición para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria.

Mediante a Resolución do 7 de abril de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 75, do 20 de abril), publicouse a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como dos/das exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega.

Logo de finalizado o prazo de emenda previsto na base sexta da resolución de convocatoria, e de conformidade co disposto na citada base, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluidas, así como as exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso como persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria nas clases de farmacéutico/a inspector/a de saúde pública, inspector/a farmacéutico/a, inspector/a médico/a, licenciado/a en ciencias biolóxicas, licenciado/a en ciencias químicas, licenciado/a en farmacia, licenciado/a en medicina e cirurxía, licenciado/a en psicoloxía, ATS/DUE e subinspector/a sanitario/a, convocado pola Resolución do 24 de novembro de 2021.

Segundo. As listas coa relación definitiva de admitidos/as e excluidos/as, con indicación do motivo de exclusión, e os/as declarados/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega, poderán examinarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade coa base 6.3 da Resolución do 24 de novembro de 2021, contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2022

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos