Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 23 de xuño de 2022 Páx. 36162

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

EXTRACTO da Resolución do 10 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PR970A).

BDNS (Identif.): 634419.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea, que están en posesión ou en condicións de obter un título de licenciado ou de grao e que rematasen os seus estudos no curso académico 2011/12 ou posterior.

Segundo. Obxecto

O establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá a convocatoria das bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid, na cal se detallan os requisitos específicos que deben reunir os solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional e investigadora.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 10 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PR970A).

Cuarto. Contía

Financiaranse estas bolsas con cargo ás aplicacións orzamentarias 03.01.111D.480.0 e 03.01.111D.484.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, por un importe máximo total de seis mil seiscentos euros (6.600,00 euros), que se destinarán ao pagamento das mensualidades dos bolseiros e das cotas da Seguridade Social, respectivamente. A contía mensual que percibirá cada bolseiro será de mil cen euros mensuais (1.100,00 euros).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2022

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega