Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 23 de xuño de 2022 Páx. 36207

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 2 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Boiro (expediente-e IN407A 2020/213-1).

Expediente-e: IN407A 2020/213-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS peche urbano Cabo de Cruz.

Situación: concello de Boiro.

1. Características técnicas:

• Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación nº 1), a 20 kV, cunha lonxitude de 300 m, con orixe no CT 15CVC4, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no novo centro de seccionamento proxectado.

• Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación nº 2), a 20 kV, cunha lonxitude de 412 m, con orixe no CT 15CVC4, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no CT 15CAI9.

• Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación nº 3), a 20 kV, cunha lonxitude de 73 m, con orixe no CT 15CZS4, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no CT 15CBWG.

• Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación nº 4), a 20 kV, cunha lonxitude de 7 m, coa arqueta proxectada en calzada, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no novo centro de seccionamento proxectado.

• Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación nº 5), a 20 kV, cunha lonxitude de 8 m, co novo centro de seccionamento proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final en arqueta proxectada en calzada.

• Centro de seccionamento, 3L, 2 telecontroladas GSM/GPRS/FO, con trafo de tensión 20 kV manobra exterior en envolvente prefabricada.

• Desmontaxe dun apoio de formigón e un van de liña aérea de media tensión con condutor LA-30.

• Desmóntanse un tramo de condutor UNI-AL-150- RHZ1-OL e outro tramo de UNI-AL-240-RHZ1-2OL.

2. Lexislación de aplicación:

I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

V. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

VI. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

VII. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 2 de xuño de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Expediente-e: IN407A 2020/213-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS peche urbano Cabo de Cruz.

Situación: concello de Boiro.

Nº de predio

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Propietario e enderezo

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2. sot

1

9484503NH0198S0000KG

Pesqueira

Urbano

Descoñecido

Centro de seccionamento (CS)

10,8

2

9983612NH0198S0001OH

Urbano

Comunidade de propietarios rúa Perguisa nº 51

29

94

Abreviacións: ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais: ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais; m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2; m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.