Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar…», mediante o presente anuncio infórmanse as persoas afectadas pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT CTC Campo da Porta, no concello de Pontevedra, que figuran no cadro anexo.
O interesado poderá solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial en Vigo. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 6 de xuño de 2022
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2021/173-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT CTC Campo da Porta.
Concello: Pontevedra.
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Data ocupación |
Depósito previo |
2 |
36900A037002570000QQ |
Manuel Ribadulla Cortegoso |
30 de xuño de 2022 |
2022/54/179 |