Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 28 de xuño de 2022 Páx. 36974

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baltar

ANUNCIO da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Mediante o Acordo da Xunta Local deste concello, do 12 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego púbico, coas seguintes prazas:

Persoal funcionario:

Denominación: auxiliar administrativo.

Grupo/subescala: C2.

Vacantes: 2.

Xornada: media xornada.

Sistema de acceso: concurso.

Denominación: operario de servizos.

Grupo/subescala: OAP.

Vacantes: 1.

Xornada: completa.

Sistema de acceso: concurso.

Persoal laboral:

Denominación: auxiliar administrativo.

Grupo: 4.

Clasificación/categoría laboral: auxiliar administrativo.

Vacantes: 1.

Xornada: completa.

Sistema de acceso: concurso.

Denominación: encargado de museo.

Grupo: 8.

Clasificación/categoría laboral: oficiais de primeira e segunda.

Vacantes: 1.

Xornada: completa.

Sistema de acceso: concurso.

Denominación: arquitecto.

Grupo: 1.

Clasificación/categoría laboral: enxeñeiros e licenciados.

Vacantes:.1

Xornada: 4 horas semanais.

Sistema de acceso: concurso.

Denominación: limpadora de edificios públicos.

Grupo: 10.

Clasificación/categoría laboral: peóns.

Vacantes 1.

Xornada: tempo parcial (75 %).

Sistema de acceso: concurso.

Denominación: auxiliar a domicilio.

Grupo: 4.

Clasificación/categoría laboral: axudante non titulado.

Vacantes: 1.

Xornada: completa.

Sistema de acceso: concurso.

Denominación: auxiliar a domicilio.

Grupo: 4.

Clasificación/categoría laboral: axudante non titulado.

Vacantes: 9.

Xornada: media xornada.

Sistema de acceso: concurso.

Denominación: traballador social.

Grupo: 2.

Clasificación/categoría laboral: enxeñeiros técnicos, peritos e axudantes titulados.

Vacantes: 1.

Xornada: completa.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, da Lei reguladora das bases de réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Baltar, no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Publícase isto para xeral coñecemento e advírteselles aos interesados que contra o dito acordo, que pon fin á vía administrativa, poden interpor alternativamente ou recurso de reposición potestativo ante o alcalde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso- administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que considere máis conveniente ao seu dereito.

Baltar, 13 de maio de 2022

José Antonio Feijoo Alonso
Alcalde