Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 28 de xuño de 2022 Páx. 36934

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Castro de Rei (expediente IN407A 2022-07 AT).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, 9. 27003 Lugo.

Denominación: LMT e CT NS 74071 Casas Novas Sta. Leocadia.

Situación: concello de Castro de Rei.

Características técnicas principais:

– Liña aérea de media tensión a 20 kV a CT Casas Novas, con orixe no apoio P-4 da LMT aérea existente Vilalba e final no centro de transformación Casas Novas proxectado, cunha lonxitude de 42 metros en condutor LA-56.

– Centro de transformación intemperie Casas Novas, sobre apoio de celosía tipo C-3000-14, cunha potencia máxima admisible de 160 kVA e unha potencia inicial de 100 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.

Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

Orzamento: 19.507,10 euros.

Documentación que se xunta:

– Separata para o Concello de Castro de Rei.

– Separata para a Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

– Separata para a Consellería de Cultura.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para a autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción á dita instalación, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. A instalación deberá axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección da obra deberá realizala un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta da instalación durante a construción e logo da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha da instalación que se autoriza será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 6 de xuño de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo