O artigo 27 do Estatuto de autonomía de Galicia recolle, no seu punto 22, a competencia exclusiva da Comunidade Autónoma galega na promoción do deporte e a adecuada utilización do lecer. Recollendo esta asunción de competencia exclusiva, procedeuse á aprobación da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, pola que se pretende a plena efectividade do feito e dereito deportivo na nosa comunidade autónoma.
No ámbito do deporte de alto nivel, o artigo 34 da lei establece que, independentemente da clasificación xeral de deportistas de alto nivel e das medidas que se establecen na lexislación do Estado, a Comunidade Autónoma de Galicia poderá realizar unha clasificación propia de deportistas galegos de alto nivel, de acordo coas federacións deportivas galegas, para os efectos do ámbito galego, e que será publicada no Diario Oficial de Galicia, aos cales lles serán de aplicación os beneficios que se establecerán regulamentariamente.
No desenvolvemento da citada Lei do deporte, o Decreto 165/2020, do 17 de setembro, polo que se regula o deporte de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base de Galicia, e a Orde do 23 de xuño de 2021 pola que se establecen os criterios técnico-deportivos para a obtención das condicións de persoa deportista de alto nivel, alto rendemento deportivo e rendemento deportivo de base, e os criterios deportivos para o recoñecemento dos núcleos de adestramento deportivo especializado, atribúen, así mesmo, á Comisión Galega de Avaliación do alto nivel deportivo, do alto rendemento deportivo de base, a función de elevar a proposta de resolución da relación de deportistas galegos de alto nivel e demais colectivos á persoa titular do órgano competente en materia de deporte.
En consecuencia, atendendo á proposta enviada, do 16 de xuño de 2022, pola referida comisión, na súa reunión de valoración, esta secretaría xeral
RESOLVE:
Primeiro. Aprobar a relación de persoas deportistas recoñecidas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base de Galicia, que se relacionan no anexo I desta resolución e que, en consecuencia, gozan dos beneficios que para tal consideración se atribúan.
Segundo. Publicar a relación das solicitudes desestimadas e a causa, que se relacionan no anexo II desta resolución.
Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta secretaría xeral, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, no xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2022
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte
ANEXO I
Persoas deportistas recoñecidas de alto nivel, alto rendemento,
rendemento deportivo de base de Galicia
Apelidos |
Nome |
DNI |
Modalidade |
Recoñecemento |
Vixencia |
|
1 |
Antañón Vieites |
Lucas |
***7336** |
Fútbol |
Persoa deportista de alto nivel |
17.6.2027 |
2 |
Chamosa Dacasa |
Antía |
***6518** |
Atletismo |
Persoa deportista de alto nivel |
31.12.2026 |
3 |
Chamosa Dacasa |
Daniel |
***6518** |
Atletismo |
Persoa deportista de alto nivel |
31.12.2026 |
4 |
Dos Santos Souto |
Teresa |
***7935** |
Voleibol |
Persoa deportista de alto nivel |
17.6.2027 |
5 |
García Rodríguez |
María |
***7319** |
Salvamento e socorrismo |
Persoa deportista de alto nivel |
18.7.2026 |
6 |
López González |
Fernando |
***9057** |
Fútbol |
Persoa deportista de alto nivel |
17.6.2027 |
7 |
Moldes Barreiro |
Matías |
***1554** |
Atletismo |
Rendemento deportivo de base |
17.7.2022 |
8 |
Mouro Periscal |
Joaquín |
***7224** |
Salvamento e socorrismo |
Persoa deportista de alto nivel |
17.6.2027 |
9 |
Rebón Fedorova |
Ekaterina |
***4355** |
Taekwondo |
Rendemento deportivo de base |
17.6.2023 |
10 |
Rodríguez Galiano |
Javier |
***6483** |
Fútbol |
Persoa deportista de alto nivel |
17.6.2027 |
11 |
Tato Arjona |
Roi |
***1468** |
Fútbol |
Persoa deportista de alto nivel |
17.6.2027 |
12 |
Teijeiro Prado |
Xoel |
***9241** |
Natación |
Rendemento deportivo de base |
17.6.2023 |
13 |
Vidal Torres |
Anxo |
***2847** |
Taekwondo |
Persoa deportista de alto nivel |
2.10.2026 |
14 |
Videla Miguens |
Andrea |
***7292** |
Taekwondo |
Rendemento deportivo de base |
17.6.2023 |
ANEXO II
Solicitud desestimada e a causa
Apelidos |
Nome |
DNI |
Modalidade |
Causa |
Silvarrey Oreiro |
Marcos |
***1248** |
Orientación |
Por non acadar mérito deportivo nin número de participantes na proba |