Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 30 de xuño de 2022 Páx. 37426

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2022 pola que se anuncia a licitación do expediente de contratación P5/22, de explotación comercial das marcas institucionais rexistradas a nome da Universidade de Vigo, da súa imaxe corporativa e dos seus símbolos a través da venda de produtos promocionais nunha plataforma dixital.

O 9 de xuño de 2022 aprobouse o expediente de contratación P5/22, mediante resolución do órgano de contratación da Universidade de Vigo. Ao citado expediente engadíuselle o prego de cláusulas administrativas particulares, que conta co informe da Asesoría Xurídica, e o prego de prescricións técnicas, todo con informe, en fase de fiscalización previa, do Servizo de Control Interno.

Para cumprir o disposto no artigo 142.2 do Regulamento para a execución do patrimonio da Comunidade Autónoma galega (Decreto 50/1989) remítese este anuncio.

Identificación do ben: explotación comercial das marcas institucionais rexistradas a nome da Universidade de Vigo, da súa imaxe corporativa e dos seus símbolos a través da venda de produtos promocionais nunha plataforma dixital (expediente P5/22).

Sistema de adxudicación e tipo de contrato: concurso/patrimonial.

Presentación de solicitudes: a través da Plataforma de contratos do sector público, ata as 23.59 horas do 13.7.2022.

Ligazón: https://contrataciondelestado.es/wps/poc?uri=deeplink%3Adetalle_licitacion&idEvl=95u4C%2F8KYRimq21uxhbaVQ%3D%3D

Apertura de ofertas: 20.7.2022.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento.

Vigo, 13 de xuño de 2022

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 26.5.2020; DOG do 4.6.2020)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria