Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 30 de xuño de 2022 Páx. 37402

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o requirimento para completar a solicitude de asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense no expediente PR204A 2021/1271-3 e cinco máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento para completar o expediente de solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Ourense na avenida de La Habana, nº 79, 1º, 32004 Ourense.

Este requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre este requirimento e o seu efectivo cumprimento polo seu destinatario ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido neste requirimento para cumprilo.

Transcorrido o devandito prazo sen recibir a documentación solicitada, a Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta ditará a resolución que en dereito corresponda. Esta resolución poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante coa achega da documentación necesaria, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 24 de maio de 2022

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

DNI/equivalente

PR204A 2021/1271-3

34625681D

PR204A 2022/1270-3

34625681D

PR204A 2022/1272-3

34625681D

PR204A 2022/1334-3

50235514H

PR204A 2022/1393-3

44661530S

PR204A 2022/1494-3

X3134283G