Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 1 de xullo de 2022 Páx. 37633

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2022, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocados polas resolucións do 7 de febreiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 32, do 17 de febreiro) e 12 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 94, do 12 de maio), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 17 de xuño de 2022, a comisión nomeada pola Resolución do 17 de xullo de 2020 (DOG núm. 152, do 30 de xullo) para cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico convocados polas resolucións do 7 de febreiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 32, do 17 de febreiro) e 12 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 94, do 12 de maio),

ACORDOU:

Primeiro. Ao non ter recibido ningunha alegación, elevar a definitivas as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na fase de concurso, feitas públicas mediante a Resolución do 19 de maio de 2022 (DOG núm. 102, do 30 de maio).

Segundo. Segundo o establecido na base IV.1 da resolución da convocatoria, publicar como anexo á presente resolución a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso de funcionarización para cada categoría e propor o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.9 da resolución de convocatoria, contra o presente acordo da comisión poderá presentarse recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2022

Rubén Plaza Martínez
Presidente da comisión

Anexo

Persoas aptas no procedemento

Categorías V-01 e V-11

Camareiro/a limpador/a; limpador/a

Nome

NIF

Cualificación

Ares López, Almudena

***1684**

Apta

Bouzón Roza, María Ángela

***0053**

Apta

López González, Josefa

***4420**

Apta

Míguez Castro, María Consuelo

***0698**

Apta

Categorías V-02; V-03; V-12 e V-10E

Axudante/a traballos ou oficios; ordenanza; peón/oa

laborante; vixilante de arquivos, bibliotecas e museos

Nome

NIF

Cualificación

García Folgueira, María Isabel

***1497**

Apta

Cubiella Granda, Rubén

***5397**

Apto