Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 1 de xullo de 2022 Páx. 37658

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 13 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o trámite de audiencia do expediente sancionador por infracción na orde social 2018/56.

De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona o trámite de audiencia no expediente sancionador por infracción na orde social (materia: seguridade e saúde), porque, intentada a notificación por vía electrónica e mediante o servizo de Correos, esta non se puido efectuar.

O interesado dispón dun prazo de oito días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitar copia da documentación do expediente que xulgue oportuna, facilitando previamente a documentación acreditativa da representación legal que ten na empresa ou presentarse debidamente acreditado ante a Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade en Lugo, para os efectos de que poida formular novas alegacións á vista do expediente, que deberá presentar no prazo de tres días hábiles desde o envío, de ser o caso, da copia da documentación do expediente ou da data da súa comparecencia, e o expediente sancionador quedará visto para a proposta de resolución.

O expediente relacionado está á disposición do interesado no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade en Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, planta baixa, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Expediente: 2018/56 (acta: I272018000015314).

Data do trámite de audiencia: 2 de xuño de 2022.

Empresa: Maderas Corgo, S.L.

Enderezo: estrada Nacional VI, km 487, 27163 O Corgo (Lugo).

Lugo, 13 de xuño de 2022

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo