Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 1 de xullo de 2022 Páx. 37683

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 14 de xuño de 2022 polo que se notifica o traslado de actuacións ao Concello de Quiroga realizadas no expediente 107 B 2009/4-0.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 5 de maio de 2022, o acordo de traslado de actuacións realizadas ao Concello de Quiroga para adopción de medidas de protección da legalidade urbanística, en relación coas obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar de nova planta e na rehabilitación e ampliación doutra preexistente, no lugar do Barco do Castelo, As Pedreiras, no termo municipal de Quiroga, provincia de Lugo, para que adopte todas as medidas necesarias para a protección da legalidade urbanística.

Ao non poder realizar a notificación persoal daquela resolución ao interesado con documento nacional de identidade número 34248838K, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso-contencioso administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas , expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística