Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 1 de xullo de 2022 Páx. 37700

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da convocatoria e das bases do proceso de selección para a cobertura en propiedade do posto de capataz de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos (RSU).

Resolución 1600/2022, do 9 de maio de 2022, referente á convocatoria e as bases do proceso de selección para a cobertura en propiedade dunha praza de capataz do servizo de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos (RSU).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 94, do 19 de maio de 2022, aparecen publicadas integramente as bases que deberán rexer a convocatoria para a provisión en propiedade, polo procedemento de concurso-oposición, dunha praza de capataz do servizo de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos (RSU), persoal laboral indefinido fixo do Concello de Arteixo, incluída na oferta de emprego público do exercicio 2019.

As instancias en que se solicite participar no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, no Rexistro Xeral do Concello, dirixidas ao alcalde presidente da Corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con estas prazas publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 25 de maio de 2022

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente