Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 4 de xullo de 2022 Páx. 38105

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Mar

ORDE do 28 de xuño de 2022 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo que se indica no anexo I de esta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os funcionarios e as funcionarias que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela), na súas xefaturas territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán presentar coa solicitude un currículo e xustificar, mediante certificación ou copia cotexada dos documentos acreditativos, os méritos que aleguen.

Quinto. No caso de resultar seleccionado/a para ocupar un posto de traballo persoal funcionario doutras administracións públicas, requirirase o informe favorable do órgano competente da súa Administración de orixe, que se considerará favorable de non emitirse no prazo de quince (15) días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Unha vez autorizado o seu traslado a esta Administración procederase a adxudicarlle o posto para o cal foi seleccionado/a. Se no prazo de dous (2) meses, a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, o/a funcionario/a seleccionado/a non se pode incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserta de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión do novo destino será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte (20) días hábiles.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse na data que se determine xustificadamente mediante orde da persoa titular da consellería convocante publicada no Diario Oficial de Galicia, agás no caso de procedencia doutras administracións, que deberá efectuarse dentro dos tres (3) días hábiles seguintes ao da comunicación da resolución de traslado á Comunidade Autónoma, co límite dos dous (2) meses a que se fai referencia no punto quinto desta orde. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.

A persoa titular da consellería onde preste servizos o/a funcionario/a poderá, non obstante, diferir o cesamento, por necesidades do servizo, ata vinte (20) días hábiles, o que se lle debe comunicar á unidade a que sexa destinado/a o/a funcionaria/a.

Oitavo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, ou poderán impugnala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2022

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar

ANEXO I

Denominación: secretario/a do/da director/a xeral.

Código: PE.C03.00.000.15770.001.

Nivel: 18.

Complemento específico: 7.201,18 €.

Grupo: C1 e C2.

Corpo/escala: xeral.

Adscr. Adm. P.: A11.

Formación específica: 640.

Centro destino: Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.

Localidade: Santiago de Compostela.

Descrición códigos da adscrición ás administracións públicas:

A11. Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

Descricións códigos das formacións específicas:

640. Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

missing image file