Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 4 de xullo de 2022 Páx. 38149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2022, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se modifica a Resolución do 10 de febreiro de 2022 de declaración de herdeiros a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Antecedentes.

Mediante a Resolución do 10 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, declarouse a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de María Olimpia Castro López, con DNI 34221221G.

A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (suplemento núm. 55, do 5.3.2022, ID N2200257577), no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 40, do 28.2.2022), na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, e foi solicitada a súa exposición nos taboleiros de anuncios dos concellos de Chantada (Lugo) e Monforte de Lemos (Lugo) por prazo non inferior a un mes.

Advertidos erros na transcrición dos números de conta dos depósitos da causante incluídos na epígrafe Contratos e outros efectos bancarios do punto segundo da resolución, relativo á adxudicación de bens e dereitos da herdanza, cómpre a súa debida corrección.

Fundamentos xurídicos.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, artigo 109.2.

Decreto 11/2021, do 21 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública, artigos 4 e 7.

Segundo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar a Resolución do 10 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, pola que se declarou á Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de María Olimpia Castro López, con DNI 34221221G, no punto segundo do seu resolvo, de xeito que onde di erroneamente:

«Contratos e outros efectos bancarios:

– Banco Santander, conta corrente: 0075 8916 5507 0056 3606

– Banco Santander, depósito a prazo: 0046 0001 2500 0180 5420»

debe dicir:

«Contratos e outros efectos bancarios:

– Banco Santander, conta corrente: 0030 6088 2407 6889 7273

– Banco Santander, depósito a prazo: 0049 6741 0430 2000 0339».

Segundo. Publicar a presente resolución de modificación no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, área temática de Patrimonio, anuncios, que se pode consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, nos taboleiros de anuncios dos concellos de Chantada e Monforte de Lemos.

Esta resolución poderá ser recorrida por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, de conformidade cos artigos 112.1, 114, 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os que se consideren prexudicados por esta resolución nos seus dereitos de carácter civil poderán exercer as accións pertinentes perante o órgano da xurisdición civil correspondente.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2022

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio
da Consellería de Facenda e Administración Pública