Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 4 de xullo de 2022 Páx. 38123

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Verea (expediente IN407A 2022/82-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Tui (Pontevedra) polo enxeñeiro técnico industrial Rubén Francisco Fernández Vayo, colexiado nº 2880 do COITI de Vigo, en maio de 2022, e con visado nº 22201121 do 31.5.2022, do sinalado colexio profesional.

Solicitante: San Miguel 2000 Distribución Eléctrica, S.L.U.; CIF: B32274680.

Domicilio: rúa Coruña, nº 20, 36700 Tui (Pontevedra).

Denominación: modificación CTA Cigarrosa (expediente 3046-AT e 2003/119-3).

Situación: concello de Verea.

Orzamento: 13.082,31 €.

Características técnicas: modificación CTA Cigarrosa de 160 kVA de potencia.

– CTA Cigarrosa. Substitución do transformador existente, de 30 kVA por novo transformador aéreo intemperie de 160 kVA de potencia aparente e RT 20.000/400-230 V, con illante en aceite mineral. Montaxe de cadro de BT e cadro de compensación de reactiva.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que xulguen pertinente.

Ourense, 8 de xuño de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense