De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos actos indicados deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Técnica de Fomento do Instituto Galego da Vivenda e Solo, con enderezo en Área Central, s/n, Polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial do Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2022
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo
ANEXO
Expediente |
NIF |
Acto obxecto de notificación |
BONAL-031/2019 |
**3186*** |
Resolución de concesión directa da axuda complementaria á do Programa do bono de alugueiro social |
BONAL-050/2020 |
**4668*** |
Resolución de perda do dereito á subvención do Programa do bono de alugueiro social |
BONAL-015/2021 |
**9337*** |
Resolución de perda do dereito á subvención do Programa do bono de alugueiro social |
BONAL-019/2021 |
**4580*** |
Resolución de desistencia tácita da solicitude de primeira prórroga da subvención do Programa do bono de alugueiro social |
BONAL-045/2021 |
**7127*** |
Resolución de concesión da primeira prórroga da subvención do Programa do bono de alugueiro social |
BONAL-098/2021 |
**4888*** |
Inicio do procedemento de perda do dereito á subvención do Programa do bono de alugueiro social e trámite de audiencia |
BONAL-163/2022 |
**9192*** |
Requirimento de emenda da solicitude da subvención do Programa do bono de alugueiro social |
BONAL-202/2022 |
**4747*** |
Requirimento de emenda da solicitude da subvención do Programa do bono de alugueiro social |
BONOV-021/2020 |
**9546*** |
Requirimento de emenda da solicitude de primeira prórroga da subvención do Programa do bono de alugueiro social |